Código en GitHub

Rompe a barreira do idioma con Mitzuli

O tradutor aberto, fácil de usar e poderoso para Android


Screenshots

Faite con el en Google Play


Traduce de xeito natural



Entrada de voz

Canso de empregar o teclado? Só tes que falarlle ao teléfono e Mitzuli traducirá todo o que digas!

Tradución por cámara

Queres traducir un cartel, un menú ou un xornal? Sácalle unha foto e deixa que Mitzuli faga o seu traballo!

Saída de voz

Non sabes como se pronuncia ese texto estranxeiro? Ningún problema. Mitzuli pode falar por ti!



Para ti, para todos





Cremos que todas as linguas merecen o seu lugar neste mundo e, por iso, prestamos especial atención aos idiomas minoritarios que os produtos de natureza comercial adoitan esquecer. Así, Mitzuli é compatible con africáner, aragonés, asturiano, catalán, croata, danés, español, esperanto, éuscaro, francés, galego, hindi, indonesio, inglés, italiano, malaio, neerlandés, occitano, portugués, romanés, sueco e urdú. Ademais, estamos a traballar duro para que sexan aínda máis!


Sabemos que a tradución automática é moi útil cando viaxas ao estranxeiro. As tarifas de itinerancia, non. Por sorte, isto non supón ningún problema para Mitzuli, xa que pode funcionar mesmo sen conexión a Internet. Ademais, a diferenza doutros tradutores, o seu modo sen conexión ofrece a mesma calidade de tradución que o modo con conexión, mentres que tamén están dispoñibles as outras opcións avanzadas, como a tradución por cámara!


Ademais de ser gratis, Mitzuli tamén é libre. Para os desenvolvedores, isto significa que calquera pode ver como se fixo Mitzuli, adaptalo ás súas necesidades, melloralo e compartilo libremente. Para ti, isto significa que podes confiar en nós: somos totalmente abertos no tocante ao que facemos e nunca invadiremos a túa privacidade nin faremos negocio cos teus datos.




A ombreiros de xigantes



Aínda que sabemos que Mitzuli é incrible, isto non é mérito exclusivo noso. De feito, o que converte a Mitzuli nunha cousa tan fabulosa é que se basea noutros proxectos extraordinarios que lle achegan a meirande parte da súa funcionalidade central. Estas iniciativas puxeron á disposición de todos unha tecnoloxía fantástica que nós introducimos nunha pequena aplicación que agora che presentamos. Queres saber máis? Estes son os proxectos que non podían faltar nesta sección:
  • Apertium é unha plataforma de tradución automática de código aberto baseada en regras que seguen o paradigma tradutolóxico da transferencia superficial. É o motor de tradución automática que se emprega en todos os pares de idiomas de Mitzuli, agás o español → éuscaro e o inglés ↔ croata.
  • Matxin é unha plataforma de tradución automática de código aberto baseada en regras que seguen o paradigma tradutolóxico da transferencia profunda. Grazas á colaboración con Elhuyar, as traducións de español → éuscaro están dispoñibles como un servizo en liña.
  • Abu-MaTran é un proxecto europeo que pretende mellorar a cooperación entre a industria e o contorno académico como un punto clave para facer fronte a un dos maiores desafíos de Europa: o multilingüismo. Grazas á colaboración con investigadores do CNGL da Dublin City University, as traducións de inglés ↔ croata están dispoñibles como un servizo en liña.
  • Tesseract é o motor OCR de código aberto máis exacto que existe e tamén o que emprega Mitzuli. Desenvolvido por HP Labs entre 1985 e 1995, na actualidade é Google quen prosegue co seu desenvolvemento.
  • OpenCV e Leptonica son bibliotecas de código aberto para o procesamento de imaxes que Mitzuli usa para aplicar o seu propio proceso previo para OCR.

Quen somos

Chámome Mikel Artetxe e son o desenvolvedor de Mitzuli. Estou a estudar o Máster en Procesamento da Linguaxe Natural na Universidade do País Vasco e, ao mesmo tempo, traballo no grupo de investigación IXA no eido da tradución automática.

Pese a que Mitzuli naceu como un proxecto persoal meu, agora conta co apoio de Elhuyar, unha organización sen ánimo de lucro que traballa en prol da difusión da ciencia e a tecnoloxía, así como do desenvolvemento do éuscaro.

Contacto

Proxecto financiado polo Goberno Vasco dentro da convocatoria IKT 2014